Palestinas. Palestinos.

Palestinas e palestinos que me fun atopando na viaxe. Palestinas e palestinos cunha historia digna de ser contada. Palestinas e palestinos curiosos. Palestinas e palestinos empresarios, artistas, artesáns, médicos, estudantes…

En definitiva, as múltiples caras de Palestina.

KHALED AL SABAWI

Khaled é un inxeñeiro canadiense-palestino. Fillo de refuxiados palestinos que tiveron que marchar de Gaza, cursou os seus estudos en Canadá e converteuse no primeiro enxeñeiro xeotérmico de Oriente Medio. Forma parte do top mundial de empresarios enerxéticos e das listas de empresarios árabes máis influíntes.

Fundou dúas empresas, MENA Geothermal e TABO Palestine.

MENA Geothermal é unha recoñecida empresa de enerxía renovable que leva a cabo importantes proxectos en Oriente. TABO é un proxecto que participa nunha das empresas de desenvolvemento máis importantes de palestina no ámbito da construcción e a inversión. Ofrece parcelas residenciais no West Bank (a franxa de Cisjordania) aos cidadáns palestinos a prezos asequibles co fin de evitar que estas caían en propiedade israelí.

Khaled denuncia con frecuencia a campaña de Israel de denegación de acceso e restricción de visados dirixida cara os extranxeiros que traballan ou desexan traballar en Palestina.

É unha persoaxe curiosa, un tanto chulesca (cunhas particulares opinións sobre a axuda económica internacional a Palestina). Deixo un vídeo entretido dunha charla TED súa.

Cando lle preguntan porqué se fixo enxeñeiro responde: “eu quería estudar ciencias políticas, pero meu pai díxome: fillo, eres palestino, a vida vai ser política”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s