About

Chámome Einés Monteagudo Vilavedra e nacín en Santiago de Compostela (Galicia, España) a comezos do verán de 1994. Dende pequena e gracias a meus pais, tiven a oportunidade de viaxar ao redor do mundo (visitando lugares coma Canadá, Reino Unido, Brasil ou Estados Unidos). Teño dende sempre a costume de escribir diarios das viaxes. En realidade teño dende sempre a costume de escribir e xa adianto que eu, coma dicía Milan Kundera ”escribo polo pracer de contradecir” e viaxo para aprender a mirar o mundo con novos ollos.

Agora paso a 3º de medicina. Quero ser unha médica humanista. Intento compaxinar os meus estudos con todas as demais cousas que me fan medrar como persoa. A música, a literatura, os amigos, algo de deporte e a representación estudantil entre outras cousas.

Viaxo a Palestina gracias á International Federation of Medical Students´ Associations (IFMSA) e vou facer prácticas no hospital Al-Watani, na cidade de Nablus, durante un mes. Estou aloxada cuns cantos estudantes de toda Europa que veñen coma min, nun programa de intercambio a facer prácticas clínicas. Os nosos anfitrións e compañeiros son, por suposto, cidadáns palestinos.

Quero recoller a testemuña desos días neste blog. Agardo que sexa do voso agrado : )

SAM_7573

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s