Día 1. “Nós ensinamos vida, señor”. Voando á Terra Prometida.

Mañá comezo a viaxe. A estas horas estarei sobrevoando o mar Mediterráneo. Saber que pronto estarei na sempre polémica Palestina provoca en min unha sorprendente confusión. De súpeto, a estructura que configura a miña cómoda realidade occidental vaise pouco a pouco esvaecendo… todos aqueles soños (e pesadelos) do Oriente Medio comezan a tomar forma ante min. Centos de palabras e imaxes de xornais, de blogs, de analistas, de terrorismo, de exotismo, de nenos, de soldados, de resolucións da ONU… veñen á miña cabeza.

Pero hai dúas mensaxes que entre tanto ruído, berran máis alto, imborrables polo recordo que me deixaron. Volven unha e outra, e outra vez a repetirse… estas son as palabras que estarán conmigo mañá, collendo un avión para aterrar na Terra Prometida.

“A paz e a guerra. En Palestina ambas están tan enguedelladas que no fondo acaban por ser indistinguibles, coma os nós dos amallós dos zapatos que non se poden desatar. Pode que non só fosen indistinguibles, quizais a guerra e a paz non fosen senón a mesma cousa con distinto nome, as dúas caras da mesma moeda”. (Fin de século en Palestina)

A voz de Rafeef Ziadah tamén resoa dentro de min. Convídovos a escoitala. Emociona.
Os seus versos dan nome a este blog.

Advertisements
Vídeo | Posted on by | 1 comentario